Festa sin trigo

by RM

Meu santo San Antonio
Dáime un homiño
Anqu’ ó tamaño teña
D’ un gran de millo.

  Dáimo, meu santo,
Anqu’ os pés teña coxos,
Mancos os brazos.

  Un-ha muller sin home…
Santo bendito!
E corpiño sin alma,
Festa sin trigo.

  Pau viradoiro,
Qu’ onda queira que vaya
Troncho que troncho.

  Mais en tend’ un homiño
¡Virxe do Carme!
Non hay mundo que chegue
Para un folgarse.

  Que zamb’ ou trenco,
Sempr’ é vó ter un home
Para un remedio.

  Eu sey d’ un que cobiça
Causa miralo,
Lanzaliño de corpo,
Roxo e encarnado.

  Carniñas de manteiga,
E palabras tan doces
Cal mentireiras.

  Por él peno de dia,
De noite peno,
Pensando nós seus ollos
Color de céo.

  Mais el xá doito,
D’ amoriños entende,
De casar pouco.

  Facé, meu San Antonio,
Qu’ onda min veña,
Para casar conmigo,
Nena solteira.

  Que levo en dote
Un-ha cullér de ferro,
Cátro de boxe.

  Un hirmanciño novo
Que xá ten dentes,
Un-ha vaquiña vella
Que non dá leite…

  Ay! meu santiño,
Facé que tal suceda,
Cal vó lo pido.

  San Antonio bendito,
Dádeme un home,
Anque me mate,
Anque m’ esfole.

  Que zamb’ ou trenco,
Sempr’ é bó ter un home
Para un remedio.

Rosalia de Castro, outra vez.